Galego: curso preparación de pruebas EOI Destacado

CURSO DE PREPARACIÓN PARA PROBAS DE EOI DE GALEGO

 

DESTINATARIOS: Futuro profesorado e profesorado en activo. A Titulación da EOI conta no acceso á función pública docente e nos concursos de traslados. Outras persoas interesadas.

 

OFERTA: Ofértanse 3 cursos, un de preparación do B1, outro de B2 e outro de C1. Ofértanse consecutivos para que quen o considere poida facer primeiro o B1 e despois o B2 e o C1. Todos os cursos se ofertan de forma presencial e semipresencial.

 

  1. PREPARACIÓN NIVEL INTERMEDIO (4º EOI, NIVEL B1)

O nivel B1 supón utilizar o idioma con certa seguridade e flexibilidade, receptiva e produtivamente, tanto na forma falada como na escrita, nunha variedade de situacións que requiran comprender e producir textos en lingua estándar, con estruturas habituais e un repertorio léxico de uso frecuente, que versen sobre temas xerais, cotiáns ou polos que se ten un interese persoal.

O exame oficial de Intermedio da EOI consta de 4 probas:

·      Comprensión oral

·      Expresión e interacción oral

·      Comprensión de lectura

·      Expresión e interacción escrita

 

Nesta preparación englobarase o tratamento das 4 destrezas que están presentes no exame oficial. No tratamento destas 4 destrezas abordaranse os seguintes núcleos temáticos:

v Identificación persoal:

v Vivenda, fogar e contorna:

v Traballo e profesión:

v Tempo libre e actualidade:

v Viaxes e transportes:

v Relacións humanas e sociais:

v Saúde e coidados físicos:

v Educación:

v Compras e actividades comerciais:

v Alimentación:

v Bens e servizos:

v Clima, condicións atmosféricas e ambiente:

v Ciencia e tecnoloxía:

 


OPCIÓNS DE PREPARACIÓN

1.1. -PREPARACIÓN PRESENCIAL

Duración: 6 semanas

5 horas semanais, repartidas en 2 sesións. TOTAL: 30 horas.

DATAS: Do 3 de marzo ao 11 de abril. Martes e Venres.

Nestas sesións presenciais combinarase o repaso da normativa, a práctica efectiva seguindo un enfoque comunicativo, xunto coa preparación das probas, atendendo especialmente á oralidade.

 

1.2. -PREPARACIÓN SEMIPRESENCIAL

Duración: 6 semanas

2,5 horas semanais presencias e 5 non presenciais. TOTAL: 45 horas

DATAS: Do 3 de marzo ao 11 de abril. Presencial os venres.

Neste tipo de preparación farase online toda a preparación relativa ao repaso da normativa, a práctica da lingua seguindo un enfoque comunicativo, así como a preparación das probas escritas.

Nas sesións presenciais prepararanse especialmente as probas orais.


 

  1. PREPARACIÓN NIVEL AVANZADO (6º EOI, NIVEL B2)

O nivel avanzado ten a finalidade de capacitar, para a utilización do idioma oralmente e por escrito con fluidez, flexibilidade e eficacia, en situacións comunicativas diversas relativas a temas coñecidos ou propios do campo de especialización do falante, que requiran comprender e producir textos de certa complexidade lingüística, en lingua estándar, con variedade de rexistros, e que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas variadas e frecuentes e riqueza léxica. Este nivel de uso do idioma deberá permitir igualmente actuar mediando entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de xeito directo e garantir a relación fluída entre falantes e culturas.

 

O exame oficial de Avanzado da EOI consta de 4 probas:

·      Comprensión oral

·      Expresión e interacción oral

·      Comprensión de lectura

·      Expresión e interacción escrita

 

Os eixes temáticos que se abordarán son:

v Identificación persoal

v Vivenda e fogar

v Viaxes 

v Relacións humanas e sociais

v Saúde e coidados físicos

v Protección social. Medicina tradicional e alternativa. Estética

v Traballo

v Educación

v Actividades económicas

v Alimentación

v Información e medios de comunicación

v Clima e medio natural

v Ciencia e tecnoloxía

v Política e sociedade

v Actividades artísticas

 


OPCIÓNS DE PREPARACIÓN

2.1. -PREPARACIÓN PRESENCIAL

Duración: 6 semanas

5 horas semanais, repartidas en 2 sesións. TOTAL: 30 horas.

DATAS: Do 21 de abril ao 30 de maio. Martes e Venres.

Nestas sesións presenciais combinarase o repaso da normativa, a práctica efectiva seguindo un enfoque comunicativo, xunto coa preparación das probas, atendendo especialmente á oralidade.

 

2.2. -PREPARACIÓN SEMIPRESENCIAL

Duración: 6 semanas

2,5 horas semanais presencias e 5 non presenciais.

DATAS: Do 21 de marzo ao 11 de abril. Presencial os venres.

Neste tipo de preparación farase online toda a preparación relativa ao repaso da normativa, a práctica da lingua seguindo un enfoque comunicativo, así como a preparación das probas escritas.

Nas sesións presenciais prepararanse especialmente as probas orais.

 

  1. PREPARACIÓN NIVEL C1

Tendo en conta este documento, o nivel C1 poderíase definir pola capacidade para empregar o idioma con flexibilidade, eficacia e precisión para participar en todo tipo de situacións, nos ámbitos persoal, público, académico e profesional, que requiran comprender, producir e procesar textos orais e escritos, extensos e complexos, en diversas variedades estándar da lingua, cun repertorio léxico amplo, e que versen sobre temas tanto abstractos como concretos, incluso naqueles cos que o falante non estea familiarizado.

 

Polo tanto, a persoa que acada este nivel:

• É capaz de comprender, incluso en malas condicións acústicas, textos orais extensos, lingüística e conceptualmente complexos, que conteñan expresións idiomáticas e coloquiais e que traten temas tanto concretos como abstractos ou descoñecidos para o alumnado, incluíndo aqueles de carácter técnico ou especializado, en diversas variedades estándar da lingua e articulados a velocidade normal ou rápida, aínda que puidese necesitar confirmar certos detalles, sobre todo se o acento non lle resulta familiar.

• Pode producir textos orais claros e detallados sobre temas complexos, integrando outros temas, desenvolvendo ideas concretas e rematando cunha conclusión adecuada, así como dominar un amplo repertorio léxico que lle permita suplir as deficiencias facilmente con circunloquios cando toma parte activa en intercambios extensos de diversos tipos, expresándose con fluidez, espontaneidade e case sen esforzo.

• Pode comprender con todo detalle textos escritos, extensos e complexos, relacionados ou non coa súa especialidade, sempre que poida reler os fragmentos difíciles.

• Pode escribir textos claros e ben estruturados sobre temas complexos resaltando as ideas principais, ampliando con certa extensión e defendendo os seus puntos de vista con ideas complementarias, motivos e exemplos adecuados, e rematando cunha conclusión apropiada”.

 

 

O exame oficial de Avanzado da EOI consta de 4 probas:

·      Comprensión oral

·      Expresión e interacción oral

·      Comprensión de lectura

·      Expresión e interacción escrita

 

 


OPCIÓNS DE PREPARACIÓN

2.1. -PREPARACIÓN PRESENCIAL

Duración: 6 semanas

5 horas semanais, repartidas en 2 sesións. TOTAL: 30 horas.

DATAS: Do 21 de abril ao 30 de maio. Martes e Venres.

Nestas sesións presenciais combinarase o repaso da normativa, a práctica efectiva seguindo un enfoque comunicativo, xunto coa preparación das probas, atendendo especialmente á oralidade.

 

2.2. -PREPARACIÓN SEMIPRESENCIAL

Duración: 6 semanas

2,5 horas semanais presencias e 5 non presenciais.

DATAS: Do 21 de abril ao 11 de maio. Presencial os venres.

Neste tipo de preparación farase online toda a preparación relativa ao repaso da normativa, a práctica da lingua seguindo un enfoque comunicativo, así como a preparación das probas escritas.

Nas sesións presenciais prepararanse especialmente as probas orais.

 

 

Modificado por última vez Jueves, 19 Marzo 2015 12:40