Lingua Galega e Literatura - Secundaria
PREMIR Vigo
Resultados pasadas oposicións de Lingua Galega e Literatura
- O 92% do alumnado que alcanzou a segunda fase, quedou entre os catro primeiros postos dos seus correspondentes tribunais, o cal permitiu obter a praza directamente.
- O 53% do alumnado que permaneceu o curso completo, superou a primeira fase (fronte ao índice xeral do 12% dos opositores).
Ola! Son a preparadora das oposicións de Lingua e Literatura Galega – Secundaria en PREMIR Vigo e gustaríame ser a túa preparadora particular. Son docente en exercicio nun IES da comarca e gustaríame trasladarche tanto a miña experiencia diaria no instituto como a miña vivencia como opositora. Que podemos ofrecerche? Bótalle un ollo aos resultados 😉
Preparo todas as probas pero, ademais, na preparación acompáñame un pedagogo especialista en Lingua e Literatura Galega que fará que a túa formación sexa a máis completa, con formación específica en oratoria e cunha proposta didáctica realista e persoal.
As clases:
- 4 clases de 4 horas presenciais ao mes comigo para preparar práctico (fundamentalmente!), tema e unidades didácticas.
- As miñas clases emítese en directo: se non podes asistir, podes seguilas desde casa e interactuar comigo e os teus compañeiros.
- As sesións para facer a programación didáctica están gravadas e ademais tes ao equipo de pedagogos á túa disposición full time.
- Masterclass bimensuais de study training, oratoria, TICs, metodoloxías innovadoras…
- Sesións informativas de baremo, listas de contratación, novidades opositoras…
- Aceso ao campus virtual, blog específico con info de outras CCAA
Son docente e fun opositora
- Non só son docente. Tamén fun opositora, membro de tribunais, teño experiencia neste camiño e compartirei contigo tanto o que fago cada día en clase como as miñas vivencias e fases vividas como opositora e tribunal.
- Son preparadora, os teus resultados son os meus resultados. Para min non es un número, senón un docente que quere axudarche para que pronto teñas un lugar na túa aula cos teus alumnos.
Prácticos e temas
- Supostos prácticos: daréiche todas as ferramentas que necesitas para resolver calquera tipo de suposto a través dunha serie de «claves». Todas as semanas, traballamos varios supostos prácticos tanto de debuxo técnico como artístico que farán que adquiras a máxima experiencia.
- Temas:
- O temario de oposicións que che ofrecemos está preparado para estudar, non perderás o teu valioso tempo en resumilo nin esquematizalo.
- Cada tema está adaptado e personalizado á lexislación de Galicia.
Programación e Unidades Didácticas
- Faremos que a túa Programación sexa atractiva e saia do convencional. Comezamos a traballala desde o principio e introduciremos metodoloxías específicas da nosa materia dando un toque persoal que a fará única e especial.
- As Unidades Didácticas, por riba de todo, serán realistas, persoais e listas para ser aplicadas na aula ao día seguinte.
Exames e simulacros
- Ao longo do curso realizaremos exames sistemáticos das probas teóricas e defensas orais de PD e UD.
- Ademais dos exames, realizaremos simulacros de oposición. É dicir, enfrontarémonos a simulacións de situacións reais das catro probas.
Método presencial con clases en streaming
Clases semanais de Lingua e Literatura Galega
Preparación da parte específica co/a docente da túa especialidade.
Sesións dedicadas á preparación de tres das catro probas da oposición: prácticos, temas, programación e unidades didácticas. Todo iso baixo a supervisión de profesorado especialista.
Días de clase: de luns a sábados (mañá ou tarde). Consulta os grupos dispoñibles chamando ao centro PREMIR que máis che interese. Todas as nosas clases presenciais emítese simultaneamente en directo para que poidas seguilas desde onde queiras se non podes asistir á sesión.
Programación Didáctica con especialista en lingua e literatura
Seminario semipresencial para realización da PD
15 sesións no curso que alternan clases presenciais e streaming dedicadas a desenvolver, apartado por apartado, o documento da programación didáctica e a practicar a súa posta en escena con sesións específicas de oratoria.
O persoal de pedagoxía, propio da plantilla de PREMIR, estará á túa disposición a tempo completo en calquera momento.
Os primeiros entre os primeiros
I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.
- Aprobados
- Non aprobados