Lengua galega e literatura

Preparación de oposiciones para secundaria y FP

Lingua Galega e Literatura - Secundaria

Sedes: Santiago e Vigo

Resultados pasadas oposicións de Lingua Galega e Literatura

  • O 92% do alumnado que alcanzou a segunda fase, quedou entre os catro primeiros postos dos seus correspondentes tribunais, o cal permitiu obter a praza directamente.
  • O 53% do alumnado que permaneceu o curso completo, superou a primeira fase (fronte ao índice xeral do 12% dos opositores).

Clases nos centros de Santiago e Vigo

Ola! Son a preparadora das oposicións de Lingua e Literatura Galega – Secundaria e gustaríame ser a túa preparadora particular. Son docente en exercicio nun IES e gustaríame trasladarche tanto a miña experiencia diaria no instituto como a miña vivencia como opositora. Que podemos ofrecerche? Bótalle un ollo aos resultados 😉
Preparo todas as probas pero, ademais, na preparación acompáñame un pedagogo especialista en Lingua e Literatura Galega que fará que a túa formación sexa a máis completa, con formación específica en oratoria e cunha proposta didáctica realista e persoal.

As clases:

  • 4 clases de 4 horas presenciais ao mes comigo para preparar práctico (fundamentalmente!), tema e unidades didácticas.
  • As miñas clases emítese en directo: se non podes asistir, podes seguilas desde casa e interactuar comigo e os teus compañeiros.
  • As sesións para facer a programación didáctica están gravadas e ademais tes ao equipo de pedagogos á túa disposición full time.
  • Masterclass bimensuais de study training, oratoria, TICs, metodoloxías innovadoras…
  • Sesións informativas de baremo, listas de contratación, novidades opositoras…
  • Aceso ao campus virtual, blog específico con info de outras CCAA

Son docente e fun opositora

  • Non só son docente. Tamén fun opositora, membro de tribunais, teño experiencia neste camiño e compartirei contigo tanto o que fago cada día en clase como as miñas vivencias e fases vividas como opositora e tribunal.
  • Son preparadora, os teus resultados son os meus resultados. Para min non es un número, senón un docente que quere axudarche para que pronto teñas un lugar na túa aula cos teus alumnos.

Prácticos e temas

  • Supostos prácticos: daréiche todas as ferramentas que necesitas para resolver calquera tipo de suposto a través dunha serie de «claves». Todas as semanas, traballamos varios supostos prácticos tanto de debuxo técnico como artístico que farán que adquiras a máxima experiencia.
  • Temas:
    • O temario de oposicións que che ofrecemos está preparado para estudar, non perderás o teu valioso tempo en resumilo nin esquematizalo.
    • Cada tema está adaptado e personalizado á lexislación de Galicia.

Programación e Unidades Didácticas

  • Faremos que a túa Programación sexa atractiva e saia do convencional. Comezamos a traballala desde o principio e introduciremos metodoloxías específicas da nosa materia dando un toque persoal que a fará única e especial.
  • As Unidades Didácticas, por riba de todo, serán realistas, persoais e listas para ser aplicadas na aula ao día seguinte.

Exames e simulacros

  • Ao longo do curso realizaremos exames sistemáticos das probas teóricas e defensas orais de PD e UD.
  • Ademais dos exames, realizaremos simulacros de oposición. É dicir, enfrontarémonos a simulacións de situacións reais das catro probas.

Método presencial con clases en streaming

O noso sistema de sempre (agora, con emisión en directo).

Clases semanais de Lingua e Literatura Galega

Preparación da parte específica co/a docente da túa especialidade.

Sesións dedicadas á preparación de tres das catro probas da oposición: prácticos, temas, programación e unidades didácticas. Todo iso baixo a supervisión de profesorado especialista.
Días de clase: de luns a sábados (mañá ou tarde). Consulta os grupos dispoñibles chamando ao centro PREMIR que máis che interese. Todas as nosas clases presenciais emítese simultaneamente en directo para que poidas seguilas desde onde queiras se non podes asistir á sesión.

Programación Didáctica con especialista en lingua e literatura

Seminario semipresencial para realización da PD

15 sesións no curso que alternan clases presenciais e streaming dedicadas a desenvolver, apartado por apartado, o documento da programación didáctica e a practicar a súa posta en escena con sesións específicas de oratoria.
O persoal de pedagoxía, propio da plantilla de PREMIR, estará á túa disposición a tempo completo en calquera momento.

Os primeiros entre os primeiros

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

  • Aprobados
  • Non aprobados
11
números 1
11 alumnos de PREMIR foron o número 1 do seu correspondente tribunal de Secundaria nas pasadas oposicións.
38
top five
...e 38 quedaron entre os 5 primeiros
Temario

TEMA 1 – A comunicación e as súas variedades. A comunicación humana. A linguaxe e as súas funcións.

TEMA 2 – A lingua como sistema. O signo lingüístico. Lingua e fala. Sincronía e diacronía.

TEMA 3 – As variedades e rexistros da lingua.

TEMA 4 – Os medios de comunicación de masas. Os medios impresos e os medios audiovisuais. Imaxe e texto.

TEMA 5 – Orixe do galego. A Romanización. Influencia doutras linguas na conformación do idioma. Voces patrimoniais, cultas e semicultas. Os préstamos.

TEMA 6 – A lingua na Idade Media. Os primeiros textos. O galego lingua de cultura. Características da lingua medieval.

TEMA 7 – A lingua do século XVI ao XIX. Os séculos XVI e XVII. O século XVIII: A Ilustración. O século XIX: O Rexurdimento. Características da lingua nesta etapa.

TEMA 8 – A lingua do século XX ata 1975. A etapa das Irmandades da Fala e da Xeración Nós. A etapa da posguerra. A normativización.

TEMA 9 – A lingua na actualidade. O marco legal. Estandarización e normativización.

TEMA 10 – A situación lingüística mundial. As familias lingüísticas. As linguas de Europa. As linguas oficiais.

TEMA 11 – Lingua e sociedade. Actitudes e normas de uso lingüístico. Bilingüísmo e diglosia.

TEMA 12 – Linguas en contacto. A asimilación lingüística. As interferencias e as alternancias de código.

TEMA 13 – Fonemática. Vogais. Consoantes.

TEMA 14 – A sílaba. O acento na palabra e no grupo tonal. Encontros de fonemas na palabra e no sintagma. A entoación.

TEMA 15 – A palabra e os seus constituíntes. Formación de palabras. A derivación: prefixación, sufixación e parasíntese.

TEMA 16 – O significado da palabra. Denotación e connotación. O campo semántico. Sinonimia e antonimia; homonimia e polisemia. O eufemismo.

TEMA 17 – O substantivo e o adxetivo.

TEMA 18 – O verbo. Estrutura xeral. A raíz: verbos regulares e irregulares; as alternancias vocálicas e consonánticas. A vogal temática e as conxugacións.

TEMA 19 – O verbo. Estrutura xeral. O tempo e o modo. O número e a persoa. O aspecto. A voz.

TEMA 20 – As formas non finitas do verbo e o infinitivo conxugado. As perífrases verbais.

TEMA 21 – O pronome persoal.

TEMA 22 – O artigo. O demostrativo. O posesivo. Os indicadores.

TEMA 23 – Os indefinidos. Os numerais. Os relativos, interrogativos e exclamativos.

TEMA 24 – O adverbio. A preposición. A conxunción.

TEMA 25 – O modo da enunciación oracional. A afirmación. A negación. A dúbida. A interrogación. A exclamación.

TEMA 26 – As funcións do esquema oracional. O predicado. Clases de oración segundo a natureza do predicado.

TEMA 27 – As funcións do esquema oracional. O suxeito. Os complementos. Outras funcións.

TEMA 28 – A oración composta. A coordinación. A subordinación.

TEMA 29 – Esquemas non predicativos. A frase. A comparación.

TEMA 30 – Estratexias para a análise, a síntese e o resumo de textos.

TEMA 31 – O texto e as súas partes. Temas e subtemas. Tipos de textos.

TEMA 32 – A narración. Estrutura. A expresión temporal. Características.

TEMA 33 – A descrición. Estrutura. A expresión da situación. Características.

TEMA 34 – A explicación. Estrutura, características e argumentación. As definicións. Os dicionarios.

TEMA 35 – A literatura como produto lingüístico, estético e social. Características da lingua literaria.

TEMA 36 – Literatura e sociedade. Autor e sociedade. A función social da literatura. Especificidade da literatura en contextos bilingües.

TEMA 37 – A literatura e a súa relación con outras manifestacións culturais.

TEMA 38 – A literatura popular. Características. Influencia na literatura culta. Recompilacións.

TEMA 39 – O xénero lírico. Características e desenvolvemento.

TEMA 40 – O xénero narrativo. Características e desenvolvemento.

TEMA 41 – O xénero dramático. Características e desenvolvemento.

TEMA 42 – A literatura na Idade Media. Contexto sociocultural. Autores. Códices. Periodización. Características da lírica trobadoresca.

TEMA 43 – A cantiga de amigo.

TEMA 44 – A cantiga de amor.

TEMA 45 – As cantigas de escarnio e maldicir.

TEMA 46 – Os xéneros poéticos menores.

TEMA 47 – As Cantigas de Santa María. A prosa medieval.

TEMA 48 – Decadencia da lírica galego-portuguesa: A escola galego-castelá.

TEMA 49 – A decadencia da da literatura culta na Idade Moderna. A dialectalización da lingua. As manifestacións cultas e populares nos séculos XVI, XVII e XVIII.

TEMA 50 – A literatura no século XIX. Contexto político e sociocultural. Os precursores. O Rexurdimento.

TEMA 51 – Rosalía de Castro.

TEMA 52 – Eduardo Pondal.

TEMA 53 – Manuel Curros Enríquez.

TEMA 54 – Os epígonos do Rexurdimento.

TEMA 55 – O século XX. Contexto sociocultural. O nacionalismo galego. As irmandades da Fala. O grupo “Nós”.

TEMA 56 – Ramón Cabanillas.

TEMA 57 – Ramón Otero Pedrayo.

TEMA 58 – Vicente Risco.

TEMA 59 – Alfonso Rodríguez Castelao.

TEMA 60 – As Vangardas en Galicia. Manuel Antonio e Amado Carballo. A escola neotrobadoresca.

TEMA 61 – Rafael Dieste. Outros prosistas e dramaturgos de preguerra.

TEMA 62 – Galicia na Inmediata Posguerra. A literatura no exilio. Actividade editorial e cultural no interior nos anos 50. Consolidación e diversificación do xénero ensaístico.

TEMA 63 – Álvaro Cunqueiro. O poeta. O narrador. O dramaturgo.

TEMA 64 – Eduardo Blanco Amor e Ánxel Fole. Outros narradores desta etapa.

TEMA 65 – A poesía de posguerra: caracterización e tendencias. Luís Pimentel. Aquilino Iglesia Alvariño. Xosé María Díaz Castro.

TEMA 66 – Celso Emilio Ferreiro e Antón Tovar Bobillo. Outros poetas desta etapa. Tendencias poéticas.

TEMA 67 – A promoción de poetas dos 50. Das festas minervais ao grupo Brais Pinto. Principais autores e tendencias.

TEMA 68 – Últimas promocións poéticas. Constitución de grupos. Pluralidade de voces e tendencias.

TEMA 69 – A renovación da prosa. Caracterización. Principais cultivadores da novela e da narrativa breve.

TEMA 70 – Autores e orientación narrativas a partir de 1975.

TEMA 71 – O teatro actual. Situación e perspectivas.

TEMA 72 – Ensaio e artigo xornalístico: conexións literarias.

Método presencial

PREMIR te proporciona dos posibilidades:

Opción 1
Asistir de forma presencial, siempre y cuando las restricciones de aforo lo permitan, respetando las medidas de seguridad.
Opción 2
Ver la clase en directo desde donde quieras. Es conveniente concretar que todos y cada uno de los centros cuentan con todos los recursos necesarios para impartir las clases de manera óptima, altavoces, micros, cámaras y por supuesto profesorado formado para ello.
Nuestro sistema de siempre: 5 horas de clase divididas en tres partes.

¿Necesitas más información? ¡Consúltanos ahora!